O NOSO PROXECTO: TALLERES E INFORMES

 

A nosa escola traballa co “proxecto nubarís”: material editorial de apoio de Edelvives.

O noso proxecto ten en conta que os primeiros anos da vida constitúen o período máis significativo na formación dos nenos/as. Se os nenos/as non reciben os estímulos axeitados durante este período de tempo, dita cualidade ou función fórmase de xeito deficiente e non chega a formarse.

Deseñáronse actividades motivadoras e significativas para o neno/a de xeito que supoña un reto para a súa competencia persoal, para o cal se consideraron todos os ámbitos de experiencias, intereses e necesidades ao tempo que se favorece a integración co adulto.

Os talleres:
Momentos máxicos.Taller de estimulación:
Xogo e movemento. Taller de psicomotricidade:
Mundo de emocións: Taller de intelixencia emocional:
A ritmo da musica: Taller de música

Idiomas: prográmanse actividades en inglés, galego e castelán. ( o centro sempre respecta a lingua materna do neno/a).

ImaginArte: programa de desenvolvemento das habilidades do pensamento a través da arte.

Programa de lectura: Actividades suxerentes que propician a formación da habilidade de escoitar, estimular a emisión de palabras e posibilitar a visualización da representación gráfica do obxecto. Trabállase con tarxetas de imaxes, tarxetas de imaxes con palabras e pictogramas.

Bits de intelixencia: Desenvolvemento da intelixencia a través do método Doman. Os bits de intelixencia son imaxes moi precisas que ofrecen ao neno/a información sobre aspectos da realidade que non sempre teñen cerca, de xeito que se amplían os campos do coñecemento, facilítanse as conexións neuronais e se fomenta en eles a curiosidade por aprender.

O intercambio de información coa familia que consideramos imprescindible, realizámolo a través de  informes e o diálogo diario cos pais.

Nosos informes.

  • Entrevista inicial coa familia.
  • Diario de aula.
  • Período de adaptación: Incorporación ao centro e avaliación de capacidades.
  • Avaliación inicial.
  • Avaliación final.
  • Avaliación trimestral, entrégase xunto cos traballos realizados ao longo do trimestre ás familias.
  • Nubarís informa (revista de información para as familias).

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Avenida Mahía, S/N 15220 Ames 981 890 901Aviso Legal