COÑÉCENOS.

 

A Escola Infantil Piolín é unha escola privada, fundada en 1994 e autorizada pola Xunta de Galicia, na que acollemos a nenos/as do primeiro ciclo de Educación Infantil dende os tres meses aos tres anos.

A nosa escola está especializada en educación infantil, ofrecendo un proxecto educativo que defende que debemos garantir o dereito de todos/as os nenos/as a unha educación de verdadeira calidade, para que estes se beneficien das vantaxes que supón a súa incorporación ao centro.

Contamos con profesionais altamente cualificados e con moitos anos de experiencia, con amplas instalacións ben equipadas e un horario flexible e adaptado a todo tipo de necesidades.
Na escola todo está pensado cara á medida das necesidades dos nosos alumnos/as, tanto nos equipamentos como no material didáctico tendo en conta as últimas innovacións psico-pedagóxicas.

O noso centro da resposta á educación onde se respecta, apoia, favorece e potencia o desenvolvemento integral das capacidades de cada neno/a.

Na escola, os pequenos son os principias protagonistas do seu propio desenvolvemento, en cuxo proxecto os acompañamos e así, relacione a escola cun lugar seguro onde se sinte querido e protexido.

Consideramos que é imprescindible compartir coa familia a labor educativa, completando e ampliando así, as experiencias formativas do desenvolvemento. Únennos a preocupación polo desenvolvemento dos nenos/as.

Se estades buscando un centro de educación infantil para o voso fillo/a e queredes darlle unha educación de calidade, baixo o coidado e a asistencia de profesionais da educación, nun ambiente agradable, cariñoso e familiar, e dándolle a oportunidade de socializarse xogando e adquirindo os seus primeiros coñecementos cos seus iguais, poñédevos en contacto connosco. Estaríamos encantados de poder ofrecérvolo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Avenida Mahía, S/N 15220 Ames 981 890 901Aviso Legal